Rectoral de Areas, no corazón do Baixo Miño
A Casa está localizada no Concello de Tui.
Tui é historia e fronteira. O Río Miño defínenos.
O lugar ideal para as túa vacacións, reunirse con amigos e familia. A localización perfecta para visitar o Baixo Miño, As Rías Baixas, Norte de Portugal ou se inicias o Camiño de Santiago.
A Casa
É unha antiga Rectoral con maís de 200 anos de historia, totalmente reformada e adaptada para ser aloxamento. Pode ser alugada na súa totalidade ou de forma parcial.
Conta con amplas salas, cheminea de leña, cociña totalmente equipada e cuartos con magníficas vistas e baños individuais. A nosa terraza e xardín arborizado son un complemento ideal que nos permite gozar da natureza nun enclave único.
Servizos e Características
A casa está dotada dos máis modernos servizos para facer que a nosa estancia sexa o máis agradable possible.
Cuartos con baños individuais, sala con cheminea de leña, Aparcadoiro, Conexión Wifi en toda a casa, TV SmartTV, Xardín arborizado, Terraza con barbacoa.
Localización
Tui, cabeceira de Comarca do Baixo Miño, cidade fronteiriza con Portugal, a súa localización é perfecta para visitas ao Baixo Miño, Norte de Portugal e Rías Baixas – Parque Natural Illas Atlánticas – Cíes. Inicio do Camiño de Santiago Portugués.
Santiago de Compostela e Porto a 60 minutos por estrada.
Estamos lozalizados a uns 250 mts. da A-55 Vigo-Portugal.
Aeroportos de Vigo a 20 minutos e de Porto e Santiago a 1 hora.
Actividades
Unha ampla variedade de actividades son as que ofrecen O Baixo Miño, Norte de Portugal. Aquí che presentamos algunhas suxerencias.

Terrestres
- Sendeirismo-trekking.
 - Bicicleta de estrada, montaña e BTT.
 - Rutas a cabalo.
 

Acuáticas
- Descenso kayak río.
 - Kayak mar.
 - Rafting.
 - Paseo en barco.
 - Pesca fluvial / mar.
 

Culturais / Medioambientais
- Visitas guiadas Casco Histórico de Tui.
 - Enoturismo – D.O. Rías Baixas.
 - Parque Natural do Monte Aloia.
 - Illas Cíes.
 - Santiago de Compostela.
 - Porto – Adegas Viño do Porto.
 - Feiras de Valença – Vilanova de Cerveira.