Nós

Nós 2018-06-20T16:32:40+00:00

A Rectoral de Areas, é un proxecto que nace a finais dos 90. A idea dos seus promotores foi poñer en valor un conxunto histórico de gran valor arquitéctónico, ubicado nun entorno privilexiado. Esa idea é a que retomamos as persoas que agora a diriximos, estamos moi vinculados á zona, somos coñecedores do Baixo Miño, As Rías Baixas e Norte de Portugal.

Quixemos trasladar á Rectoral a experiencia adquirida cos apartamentos vacacionais dos que dispoñemos dende 2014 en A Guarda e que son o froito da experiencia adquirida nas nosas viaxes. Para nós aloxarnos nunha vivenda é sinónimo de comodidade, liberdade, intimidade e calidade e iso é o que queremos que os nosos hóspedes sintan.

A localización da Casa Rectoral de Areas é moi interesante, xa que ofrecelle a posibilidade de disfrutar dunha contorna rural e un contacto coa natureza sen renunciar a uns bos accesos, que lle posibilitan conectarse de forma rápida ás principais vías de comunicación a zonas urbanas, de montaña ou de praia.

Buscamos que disfrute da súa estancia e se sinta a gusto entre nós.

Rectoral de Areas